Arquivo da categoría 'Actividades de Febreiro'

A caixa das texturas

Escrito por Equipo educativo de Pantón, o 17 de Marzo do 2008 ás 17:33

Seguindo a nosa liña de apostar pola reciclaxe e a utilización de material de refugallo, decidimos realizar unha caixa de texturas.

Os pasos a seguir foron os seguintes:

Primeiro colocamos unhas rodas dun choche vello nunha caixa de cartón. Despois envolvimos a caixa con papel de embalar e os/as nenos/as encargáronse de darlle cor:

CIMG1989 (Small).JPGCIMG1981 (Small).JPG

Por último, tan só quedaba por colocar todo o material por todo o seu contorno. O material que colocamos foi: la, algodón, lixa, estropallo, corcho, macarróns, cds e plástico de burbullas.

Mirade que ben nos quedou:

mat_panton_1.jpg

A finalidade é conseguir un xoguete elaborado con material de refugallo, que estimule principalmente o sentido do tacto, a través das diferentes texturas.

Punzón ¿qué é iso?

Escrito por Equipo educativo de Pantón, o 17 de Marzo do 2008 ás 17:19

Esta é a primeira vez que introducimos o punzón; a pesares de que son moi pequenos para seguir un contorno co punzón, pensamos que sería interesante que empezaran a traballar con él. Polo que, nun folio debuxamos un círculo, que primeiro tiñan que pintar, e despois co punzón puntealo.

CIMG1950 (Small).JPGCIMG1960 (Small).JPG

CIMG1965 (Small).JPGCIMG1970 (Small).JPG
O que pretendíamos era familiarizar aos nenos/as co punzón e que descubriran unha nova sensación facendo buraquiños no papel.

O circuíto

Escrito por Equipo educativo de Pantón, o 17 de Marzo do 2008 ás 16:55

Para potenciar o traballo da psicomotricidade, elaboramos un pequeno circuíto que comunicaba dúas aulas; este estaba composto da seguinte maneira: primeiro saltaban dun aro a outro, logo pasaban por dentro do túnel e por último tiñan que facer equilibro por riba dos ladrillos.

Un circuito é moi sinxelo de facer e aos nenos/as encántalles; neste traballaron o equilibrio, a cuadrupedia, a marcha e o salto. Dende a galescola queremos animarvos a que fagades un na casa.

A actividade resultou moi divertida, e os/as nenos/as disfrutaron moito especialmente cando pasaban por dentro do túnel.

A continuación presentamos algunha foto do desenrolo da mesma:

CIMG1870 (Small).JPGCIMG1886 (Small).JPG

CIMG1868 (Small).JPGCIMG1866 (Small).JPG

A casa das pombas!

Escrito por Equipo educativo de Pantón, o 25 de Febreiro do 2008 ás 17:03

Aproveitando o traballo feito o día da Paz, coa pomba da Paz, decidimos facer unha casa das pombas. Cunha caixa de cartón, e un pouco de pintura, puxémonos mans a obra:

Pintamos a caixa de diferentes cores coa axuda das esponxas:

CIMG1591.JPGCIMG1595.JPG

Despois pegámoslle uns gomets e forrámola:

CIMG1623.JPGCIMG1625.JPG

Por último tan só nos quedaba colocarlle unhas cordas e colgala na árbore do patio:

CIMG1923.JPG

O obxectivo principal que nos planteaxamos con esta actividade foi: “O coñecemento do entorno natural: os seres vivos” intentando descubrir onde viven as pombas, como son, que comen…

Pero para que este obxectivo este completo de todo, faltaba un detalle final moi importante; que os/as nenos/as viran de preto unha pomba, e sobre todo, que a poidesen tocar. De maneira que Alba, trouxo unha grande pomba e os/as nenos/as puideron disfrutar dela:

CIMG1908.JPG

O día do amor!!!

Escrito por Equipo educativo de Pantón, o 25 de Febreiro do 2008 ás 16:16

CIMG1862.JPG

Como todos ben sabemos, o pasado 14 de febreiro foi o día de San Valentín (día do amor); dende esta galescola, deixando a un lado a parte consumista que nos intentan inculcar os grandes centros comerciais, pensamos que sería unha boa idea, darlle un agasallo a cada pai/nai elaborado por cada neno/a.

Pretendendo transmitir deste xeito, a importancia que ten o poder elaborar un mesmo o seu propio agasallo e fomentando, xa dende moi pequenos, que existen moitos recursos para facer agasallos, sen a necesidade de mercar algo; isto parécenos moito máis valorable, xa que é un traballo que se fai coas propias mans (Educación para o consumidor).
A elaboración destes agasallos foi da seguinte maneira:

Cada neno/a decorou un folio (que fixo de sobre):

yeni e natalia.JPGCIMG1890.JPG

Despois pintaron os corazóns:

  • De pasta branca:

CIMG1855.JPGCIMG1848.JPG

  • Pan de molde seco:

CIMG1782.JPGCIMG1786.JPG

Por último decoraron a tarxeta (con bico incluído):

CIMG1775.JPGCIMG1777.JPG