Día da auga
Escrito por Equipo educativo de Pantón, o 10 de Abril do 2008 ás 16:37Para celebrar este día, fixemos as seguintes actividades cas/cos nenas/os:
- As pompas de xabón: tendo en conta a baixa idade, e ante o perigo de que bebesen auga con xabón, preferimos que as pompas as fixese un/unha membro do equipo educativo. A verdade e que todo foron sorpresas e caras de ledicia cada vez que saía unha pompa, e todas/os a querían coller:
- Frío e quente: Con esta actividade pretendíamos que as/os nenas/os percibisen as diferentes sensacións que senten ao tocar a auga fría e quente. Independentemente, de como estaba a temperatura da auga, sen dúbida, o que máis lles gustou foi mollar as mans e os brazos:
- As ondas e as burbullas: coa axuda dunha palliña, as/os nenas/os tiñan que soprar na auga para facer as ondas ou as burbullas. Deste xeito, ademais de traballar coa auga, estamos conseguindo unha correcta respiración por parte de cada nena/o.
Por último, tan só nos quedaba baleirar a auga no caldeiro da fregona, para aproveitala para limpar, dado que se trata dun ben que non se pode malgastar, aínda que na nosa terra teñamos suficiente (de momento).




