Arquivo da categoría 'Actividades de Xaneiro'

O compadre!!

Escrito por Equipo educativo de Pantón, o 12 de Febreiro do 2008 ás 11:01

A elaboración do compadre, é a última actividade do mes de Xaneiro, que nos quedaba por expoñer. Decidimos facelo así porque deste xeito xa podemos ver todo o entroido dunha maneira continuada.

Tal e como manda a tradición, o xoves de compadres, fixemos o compadre da nosa galescola. Os/as nenos/as, tamén nos axudaron a facelo, e adornaron o pantalón, pegando uns gomets de cor azul.

CIMG1473.JPG

Mirade que chulo nos quedou o noso pequeno compadre:

CIMG1491.JPG

O mural do inverno!

Escrito por Equipo educativo de Pantón, o 11 de Febreiro do 2008 ás 15:56

Esta actividade, engloba varias pequenas actividades; son as seguintes:

  • Pintar as letras do inverno:

CIMG1442.JPGCIMG1444.JPG

  • Nubes de papel pinocho:

CIMG1469.JPGCIMG1458.JPG

  • Dar cor ao mural:

CIMG1794.JPGCIMG1807.JPG

  • Colocar as folerpas de neve:

CIMG1820.JPGCIMG1821.JPG

Este foi o resultado final:

CIMG1839.JPG

A nube xigante!

Escrito por Equipo educativo de Pantón, o 11 de Febreiro do 2008 ás 11:58

Seguindo coas actividades feitas no pasado mes, presentámosvos a nosa nube xigante coloreada polos/as nenos/as. Primeiro, pintamos a nube e despois fixemos unha ficha na que había que pegar uns gomets, que eran as gotas da auga que caían enriba dos paraugas.

CIMG1400.JPG CIMG1412.JPG

Para finalizar, colocamos na parede todo xunto; mirade o resultado:

CIMG1830.JPG

O día da Paz!!!!

Escrito por Equipo educativo de Pantón, o 4 de Febreiro do 2008 ás 11:22

CIMG1553.JPG
O pasado día 30 celebramos na galescola o día da Paz, a nosa primeira intención era celebralo no patio, pero ante o mal tempo que fixo, decidimos quedar na galescola. Fixemos un montón de actividades, todas baixo un mesmo obxectivo: aportar o noso graniño de area para que polo menos unha vez o ano(ogallá fose sempre), no mundo se fale de PAZ.

Desta volta, imos deixar que as actividades falen por si soas:

  • COROA DA PAZ:

CIMG1498.JPGCIMG1642.JPG

  • POMBA DA PAZ:

CIMG1511.JPGCIMG1646.JPG

  • GLOBOS E CAMISETAS DA PAZ:

CIMG1533.JPGCIMG1535.JPG

  • O MURAL DA PAZ:

-Equipo educativo:

CIMG1621.JPG

-Nenos/as:

CIMG1549.JPGCIMG1546.JPG

CIMG1550.JPGCIMG1544.JPG

-Familiares dos/as nenos/as:

CIMG1564.JPGCIMG1561.JPG

CIMG1558.JPGCIMG1559.JPG

CIMG1563.JPG

PAZ.jpg

CIMG1645.JPG

A boneca de neve

Escrito por Equipo educativo de Pantón, o 21 de Xaneiro do 2008 ás 16:07

Chega o inverno, e con él: o frio, os catarros, a gripe, a neve… Son moitas as cousas que lles hai que contar aos/ás nenos/as sobre esta estación do ano.

A primeira actividade que fixemos, foi facer unha boneca de neve; cando programamos esta actividade, alá polo mes de Agosto, pensamos que era unha boa idea facer unha boneca, é non un boneco, xa que iso é o que habitualmente se fai, e deste xeito, servenos para empezar a traballar coas diferenzas de xénero. O que non pensábamos, era que nos quedaría tan chula. Mirade as fotos:

PC130022.JPGPC130030.JPG

PC130027.JPGCIMG1419.JPG

CIMG1416.JPGCIMG1429.JPG

CIMG1432.JPG