Arquivo da categoría 'As miñas anotacións'

BENVIDA SOFÍA

Escrito por Equipo educativo de Pantón, o 21 de Abril do 2008 ás 17:31

sara.JPG

Hai uns días, Sara tivo a sorte de ter unha irmá que se chama Sofía. Agora, Sara ten que exercer de irmá maior e entre todas/os teremos que axudala nesta gran tarefa. Parabéns a toda a familia de parte de todo o equipo educativo.

Benvida Miriam!!!

Escrito por Equipo educativo de Pantón, o 12 de Febreiro do 2008 ás 16:45

Onte Miriam incorporuse ao grupo de nenos/as desta galescola; para todos/as nós, foi un gran acontecemento, e démoslle un gran benvida. Agardamos que o pases moi ben e que aprendas moitas cousas ao noso lado.
CIMG1857.JPG

MIRIAM.jpg

O nacemento de Aldara.

Escrito por Equipo educativo de Pantón, o 12 de Febreiro do 2008 ás 12:06

Como ben sabedes todos/as, a nosa compañeira Lucía, que por motivos persoais aceptou a plaza de educadora na galescola de Coles, estaba de baixa maternal. Pois ben, xa tivo a sorte de vivir esa gran experiencia de ser nai, xa que logo, o pasado mes de Xaneiro, deu a luz a unha pequena chamada Aldara. BENVIDA!!!
Todo o equipo educativo desta galescola, mándache un bico forte e deséxache unha pronta recuperación. Agardamos que pronto nos fagas unha visitiña!!!!

CIMG0709.JPG

PARABÉNS LUCÍA.jpg

GRAZAS!

Escrito por Equipo educativo de Pantón, o 15 de Novembro do 2007 ás 17:39

Todo o equipo educativo, quere agradecervos a todas as persoas que facedes comentarios neste blog, en especial a todos os familiares dos/as nenos/as (que sodes a maioría). Non podemos  deixar aparcada a vida dentro da escola, emporiso este blog pretende ser unha porta de comunicación máis, entre a familia, o entorno e o equipo educativo. Todos xuntos navegando no mesmo barco conseguiremos o mellor para todos/as os/as nenos/as.

Os vosos comentarios danlle senso o noso traballo e en especial ao deste blog. MOITAS GRAZAS!!!!!!

Benvidos !!

Escrito por Equipo educativo de Pantón, o 19 de Outubro do 2007 ás 14:48

Boas a todos/as:

O equipo educativo deste centro quere darvos a benvida ao noso blog. Ésta é a primeira vez que algún de nós crea un blog, polo que pouco a pouco, e coa práctica, iremos engadindo comentarios e mellorando.

De momento pouco máis, 1 saúdo dende Pantón.