Arquivo da categoría 'O Nadal'

FESTA DE NADAL!!

Escrito por Equipo educativo de Pantón, o 16 de Xaneiro do 2008 ás 15:35

Para comezar, todo o equipo educativo, quere dar as grazas a tódolos pais e nais por asistir e por colaborar con nós, facendo, deste xeito, un día especial para todos/as e en concreto para os/as nenos/as.

Os/as nenos/as viñeron vestidos de pastorciños e pastorciñas; mirade que guapos/as estaban:

CIMG1334.JPG CIMG1333.JPG

CIMG1328.JPG clara.JPG

Cantamos panxoliñas e fixemos un pequeno baile; e durante a festa, tivemos unha visita inesperada, xa que nos visitou “PAPA NOEL”(grazas por vir), que traía uns agasallos para os/as nosos/as nenos/as. Como “Papa Noel” é moi bo, deixouse sacar unha foto, MIRADE COMO POSABA:

CIMG1316.JPG

O agasallo que traía, era un pequeno boneco de neve, acompañado duns caramelos e doces; este era o boneco de neve (que estaba feito con la):

CIMG0879.JPG

Nestas festas tan entrañables, todo o equipo educativo, quería ter un pequeno detalle cos pais e nais, polo que elaboramos un  agasallo. Cunhas oveiras pintadas polos nenos/as e decoradas cuns papeis de cores, fixemos un portafotos no que pegamos unha foto de cada neno/a. Agardamos que vos gustase:

CIMG1312.JPG

Como nesta galescola gústanos moito o tradicional, e sobre todo a comida tradicional, pedimos os familiares dos/as nenos/as que trouxesen algún postre típico, e como son moi colaboradores, así o fixeron. Deste xeito, é para rematar a festa xuntámonos no comedor; mirade que ben o pasamos!!!!!

CIMG1321.JPG

CIMG1326.JPG

CIMG1325.JPG

CIMG1327.JPG

O equipo educativo desta galescola, quedou moi satisfeito do resultado desta festa, aínda que non todo saíu como se esperaba, xa que cós nenos/as todo é imprevisible. Ademáis hai que ter en conta, que se trataba da nosa primeira festa, tanto para nenos/as, como para pais/nais e para todo o equipo educativo, polo que en vindeiras ocasións procuraremos que todo esté un pouco mellor estructurado e que o resultado final sexa máis satisfactorio.

Seguiremos facendo este tipo de xuntanzas entre a familia e a galescola, pois parécenos que ésta é unha boa maneira de afianzar as relacións persoais, repercutindo directamente na educación dos nenos/as.

Guirnalda viaxeira

Escrito por Equipo educativo de Pantón, o 8 de Xaneiro do 2008 ás 16:39

Esta é a árbore que cada neno/a levou para a súa casa.piñeiro de nadal.jpgDespois tiñan que traela pintada ou adornada, coa axuda dos seus familiares, como máis lles gustase. Cando as árbores estaban de volta na galescola, tan só quedaba recortalas, e colgalas, facendo deste xeito a nosa guirnalda viaxeira.

O que pretendiamos con esta actividade, era, por un lado, compartir o traballo coas familias, e polo outro, facer un adorno navideño que representase a identidade de cada unidade familiar da que está composta esta escola. Aquí deixámosvos unha foto dun anaco da nosa guirnalda viaxeira:

PC120021.JPG

Puzzle xigante de papa noel

Escrito por Equipo educativo de Pantón, o 7 de Xaneiro do 2008 ás 15:51

PB160026.JPGPB160027.JPG

O puzzle era moi sinxelo, estaba composto dun papa noel e das diferentes partes da súa vestimenta. O único que había que facer era unir, utilizando o pegamento, as partes correspondentes. Esta actividade sérvenos para traballar a psicomotricidade fina e as diferentes partes do corpo, ademáis de traballar cun centro de interese claro para os/as nenos/as. Este foi o proceso a seguir:

PB160029.JPGPB160034.JPGPB160037.JPG

PB160038.JPGPB160041.JPG

UN POUCO DE BARBA CON ALGODÓN…

PB160048.JPG PB160046.JPG

E LISTO!!! ESTE É O NOSO PAPÁ NOEL!!!!!!!

PB160049.JPG

Colocación dos piñeiros na galescola

Escrito por Equipo educativo de Pantón, o 4 de Xaneiro do 2008 ás 10:34

Seguindo a programación de Nadal, a primeira actividade que fixemos, foi a de colocar os piñeiros na galescola:

  • COLOCACIÓN DO PIÑEIRO TRADICIONAL:

Entre todos/as engalanamos o piñeiro con luces e con adornos navideños.

PC110117.JPGPC110118.JPGPC110119.JPG

  • ELABORACIÓN DO NOSO PIÑEIRO:

Pareceunos moi boa idea facer o noso piñeiro e adornalo coas nosas mans e con adornos feitos polos nenos/as. Utilizamos material de refugallo, cartolina e pan de molde. Este foi o resultado, agardamos que vos guste:

Primeiro: colocamos as diferentes partes do piñeiro (a estrela está feita cun tetra-brick de leite):

PB150011.JPGSegundo: embadurnamos as mans de pintura de distintos cores e estampámolas nas diferentes partes do piñeiro:

PB150014.JPG PB150019.JPG

PB150012.JPG PB150017.JPG

Terceiro e último: deixamos secar pan de molde atrasado, e cando esté seco, dámoslle forma de círculo. Despois tan so queda pintalos e colgalos no noso piñeiro.

CIMG1271.JPGCIMG1279.JPGCIMG1280.JPG

CIMG1335.JPG

MIRADE QUE BONITO NOS QUEDOU!!! (PARABÉNS NENOS/AS)

DESCULPAS A TODOS/AS

Escrito por Equipo educativo de Pantón, o 28 de Decembro do 2007 ás 15:12

Aproveitando que nestas datas o número de alumnos/as é inferior ao habitual, o persoal desta galescola, dun xeito escalonado, está a disfrutar das súas vacacións. Intentamos que isto non altere o día a día da escola, pero como é evidente, ao estar menos persoal, temos menos tempo para poder compartir o noso traballo a través do blog. Emporiso pedímosvos desculpas e prometémosvos que pouco a pouco colgaremos todo o que fixemos durante o Nadal.

1 saúdo e FELIZ ANO de parte de todo o equipo educativo.