O magosto
Escrito por Equipo educativo de Pantón, o 26 de Novembro do 2007 ás 11:07A nosa primeira idea era realizar o magosto conxuntamente co alumnado do CEIP MONTE BALIÑO, pero debido á hora da celebración do mesmo (14:30) non o puidemos facer pois o noso alumnado tiña que durmir a sesta. A pesares de non facelo conxuntamente, o equipo educativo deste centro quere agradecer a boa predisposición do profesorado e dirección do centro.GRAZAS!
Polo tanto, tivémonos que poñer máns á obra e pensar nunha festa alternativa, na que puideran acudir os/as pais/nais e celebrar conxuntamente o magosto. Pero tampouco foi posible, pois tivemos unha baixa cuantitativa de alumnos/as que se puxeron enfermos, e como era lóxico, non íamos facer o magosto para 2 nenos/as soamente.
Decidimos que os/as nosos/as nenos/as non podían pasar sen facer esta celebración típica, de maneira que cando tivesemos máis da metade do alumnado celebrariamos o magosto dun xeito interno. Así o fixemos, por tanto querémosvos pedir desculpas a tódolos/as pais/nais por non invitarvos, pero prometémosvos que para Nadal faremos unha gran festa todos/as xuntos/as (contamos coa vosa colaboración).
Por fin conseguimos facer o noso magosto, e o resultado foi o seguinte:
Primeiro pintamos os recipientes onde cada neno/a levaría algunha castaña para compartir coa sua familia:
Despois, picamos e levamos a asar as castañas, que trouxo cada neno/a, á cociña do CEIP MONTE BALIÑO, que novamente prestáronse para axudarnos. GRAZAS DE NOVO! Mentres puxémonos guapos/as coa nosa coroa:


Comezou a festa e comemos castañas, cantamos cantigas populares e bailamos; aquí queda unha mostra de como papabamos nas castañas:
Cando xa tiñamos a barriga chea,e como o alumnado deste centro é moi aplicado, pelamos todas as castañas sobrantes e enchimos todos os recipientes. ¡QUE CONTENTOS SE VAN POÑER NA CASA! Tamén limpamos todo o que ensuciamos, xa que non nos gusta ver todo tirado e sucio.
E como todo o bo ten que rematar, o noso magosto tamén tocou a sua fin, agardamos que vos gustase.




