Concello de Pantón

DATOS DO ENTORNO
O concello de Pantón está situado ao sur da provincia de Lugo, na Ribeira Sacra Lucense, e dentro da comarca da Terra de Lemos.

Linda ao Norte co concello do Saviñao, ao sur con Nogueira de Ramuín e Sober, ao Leste con Monforte de Lemos e Sober, ao Oeste con Carballedo e Chantada; cunha extensión de 146 Km. cadrados, divididos en 26 parroquias que aglutinan arredor de 4 000 habitantes.mapamapa concello

Os tres ríos que dan vida á natureza destas terras, son: o Miño, o Sil e o Cabe. As súas augas debuxan ribeiras agrestes, e atraentes e gozan de excelentes condicións para a pesca, determinando, deste xeito, a boa calidade dos viños do concello.

concello de Pantón

A capitalidade do concello radica en Ferreira, coñecida tamén como o Castro, debido a que no centro da vila, se atopa un asentamento castrexo.

As principais vías de comunicación son: a nacional N-120, que une Ferreira con Ourense; e a Comarcal LU-533 que comunica Pantón cos concellos de O Saviñao e Monforte.

RECURSOS CULTURAIS E DEPORTIVOS

O concello conta cun centro escolar, un cuartel da garda civil, piscina municipal, polideportivo, e un campo de fútbol, todo isto situado na zona do Monte Valiño.

Nos anexos do edificio da casa do concello, atópase a oficina de turismo, correos, o centro de saúde e a biblioteca municipal; así como un edificio multiusos que conta, entre outras cousas, con: ordenadores con acceso a Internet, para uso dos veciños/as, salón de actos, aparcamento…

Por último, resaltar as numerosas rutas de senderismo existentes:

  • RUTA AUGACAÍDA - IGREXA DE ATÁN
  • RUTA DE POMBEIRO
  • CAMIÑO DE INVERNO A SANTIAGO

BREVE RESEÑA HISTÓRICA
Dende antigo, as terras do que hoxe é o concello de Pantón foron poboadas por xentes que deixaron a súa pegada neste territorio: mámoas, castros,vilas romanas, torres, pazos e castelos, son algunhas das mostras.

Dun xeito especial na Idade Media as ribeiras dos rios Cabe, Miño e Sil foron morada de persoas que buscaban un lugar de illamento e paz, polo que estes asentamentos, nun principio pequenos cenobios e eremitorios, deron lugar máis tarde a importantes mosteiros, que son os que constitúen o patrimonio Románico, formando parte da ruta no Camiño Sur de Santiago. Exemplos desta arquitectura medieval son:

SaN Miguel de Eiré.jpgSanto estevo de atán.jpgSan Vicente de Pombeiro.jpg

Mosteiro cirtiscense de Ferreira.jpgIgrexa San Fiz de Cangas.jpg

  • MOSTEIRO CISTERCENSE DE FERREIRA: Anexo ao convento de clausura das monxas cistercenses; esta igrexa foi construída a mediados do século XXII. Destacan no seu interior, os sepulcros góticos de D. Diego de Lemos e Dª Lope de Lemos, Condes de Amarante. Tamén é de destacar a imaxe románica, sedente que representa á Virxe co neno no colo, realizada en madeira policromada.
  • COVA-TEMPLO “O COTILLÓN”: Templo esculpido na rocha que parece ser a primeira igrexa existente na Ribeira Sacra, é unha das máis antigas de Galicia (na actualidade é de propiedade privada)

Por outra banda, cabe resaltar, que en varios puntos do municipio apareceron vestixios da cultura castrexa, os que teñen un aceptable estado de conservación. Destacamos os castros de Guítara, Ferreira, Amboade, Amedo, Bazal, Burnugueiras, Castelo de Marce, Ortelle, Santa Mariña, Vilamirón e Vilaxilde.

Castelo de Maside.jpg Para finalizar , hai que resaltar, dada a súa beleza, os pazos de Ferreiroá, Goian, Castelo de Maside, e o Reguengo, todos eles con solainas de balaustrada pétrea.

RIQUEZA TURÍSTICA

Pantón goza do privilexio de ser un dos concellos de Galicia, que dispón de augas Mineromedicinais. O manancial está situado nas inmediacións do templo de Augasantas. Preto deste manancial existe un balneario de augas termais, o cal ten un campo de golf.

Estas augas mineromedicinais (sulfurosas) están moi acreditadas dende séculos pasados, como terapia eficaz para tratar diversas enfermidades, da pel, reumáticas, dixestivas, e sobre todo beneficiosas para a saude da 3º idade.

As feiras son o 1 e 15 de cada mes e as festas máis destacadas son:

Feira do viño

1ª fin de semana de xuño.

Festa do Románico

1ª fin de semana de xuño.

Romaría de Pombeiro:

1ª fin de semana de agosto.

Festival do castro celta

3ª fin de semana de agosto.

Patronais á honra da Virxe dos Dolores:22-23 de agosto

Romaría de Augasantas

2º domingo de setembro.