Metodoloxía

Os/as nenos/as, nestas idades, aprenden coa manipulación directa, coa experimentación, coa observación… e o recurso principal a utilizar será o xogo, xa que éste, será para o/a neno/a unha boa motivación que lle axudará a construír a súa aprendizaxe e a coñecer o mundo que lle rodea partindo dun enfoque globalizador.

lolo e nina.JPG

No noso centro, intentando fuxir das fichas tradicionais que nos dan as editoriais, elaboramos dúas personaxes que serán o centro de interese para tódalas actividades durante o curso. Trátase dunha cegoña (Lolo) e dunha nena (Nina); xuntos vivirán miles de aventuras, a través das cales experimentarán situacións da vida cotiá que gardan unha relación directa co seu entorno cultural, natural e familiar; procurando deste xeito partir dun principio construtivista da aprendizaxe, tomando como punto de partida os coñecementos previos do alumnado.

Por outra banda, cabe reseñar, que o traballo de aula farase dun xeito conxunto (parella educativa), co beneficio que isto aporta ao alumnado e ao equipo educativo, xa que abre as portas a que exista unha relación máis ampla dos/as nenos/as cos adultos, e así mesmo, supón para o equipo educativo, unha ventaxa, pois, coa diversidade de opinións, e co diálogo, poténciase o labor educativo.

Para rematar, resaltar, que o tipo de material a utilizar será fundamentalmente de refugallo(rolos de papel hixénico, envases de iogures, botellas…). ademáis dos materiais típicos de 0-3 anos (ceras, plastilina, construccións, pintura de dedos…)