Exhibición da Garda Civil

Escrito por Equipo educativo de Pantón, o 22 de Xullo do 2008 ás 11:05

Fixemos unha solicitude conxunta a Galescola e o CEIP Monte Baliño á Garda Civil coa fin de amosarlle as nenas e nenos de preto esta profesión. Queremos dar as grazas por aceptar a nosa solicitude e tamén ós/ás axentes que foron tan amables e amigables cos pícaros.

A continuación amosámosvos unha pequena parte das moitas fotos que realizamos ese día tanto na Galescola coñecendo de preto os/as axentes e os seus uniformes, coma na explanada do colexio coñecendo os vehículos que empregan no seu traballo e por suposto montando neles.

blog1.JPG blog2.JPG

blog3.JPG

blog4.JPG blog5.JPG

Segundo obradoiro do espazo das familias

Escrito por Equipo educativo de Pantón, o 21 de Xullo do 2008 ás 09:42

Antes de comezar a contarvos esta experiencia, queremos pedirvos desculpas pola tardanza na publicación das actividades no blog, así como informarvos que imos a facer un resumo apartir de agora das actividades que consideramos máis importantes.
Este segundo obradoiro foi adicado “a linguaxe plástica nos nenos e nenas” xa que é unha das múltiples formas que teñen as crianzas de expresarse. Para elo o primeiro que fixeron os pais e nais foi marcar a silueta dos pícaros, de seguido as colgamos da parede e púxose a disposición de todos/as pintura de varias cores, así como rodeles, esponxas, pinceis…. en resumo todos os materiais para que as crianzas se expresaran libremente.

Natalia.JPG Carla.JPG

Na segunda parte deste obradoiro os nenos e nenas axudados polos seus pais/nais crearon unha masiña con fariña,sal, auga e colorante alimenticio que quedou moi similar a plastilina, pero non é tan perigosa como esta pola súa inxestión grazas aos ingredientes naturais. Como apunte a “masiña” pódese gardar na neveira nunha bolsa durante uns días.

Sara e Natalia.JPGblog.JPG

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Escrito por Equipo educativo de Pantón, o 2 de Xuño do 2008 ás 15:41

Cada 17 de maio, Galicia honra o día das letras galegas. Este ano adicado a Xosé María Álvarez Blazquez, escritor que a maiores de ter obras en distintos xéneros literarios; tamén tivo cabida na súa imaxinación a narrativa infantil con obras como ” Os ruíns”, ” A pega rabilonga e outras historias de tesouros”.

Decidimos que a mellor forma de homenaxealo era co son dunha gaita galega que grazas a Lidia puidemos escoitar e desfrutar bailando. Ademais as crianzas puideron manipular os instrumentos musicais típicos da nosa terra como son a pandereta e a gaita, e tamén o traxe rexional.

tocando gaita.JPG manipulando gaita2.JPG

manipulando gaita.JPG traxe.JPG

baile.JPG

Os maios

Escrito por Equipo educativo de Pantón, o 20 de Maio do 2008 ás 12:08

Coa chegada da primavera chegan tamén as flores, polo que conmemoramos a festa dos maios, tan tradicional na nosa zona. Os máis cativos non se ían quedar atrás na participación desta festividade.

Decidimos facer o emblema das galescolas debuxando primeiro a silueta en porexpan e posteriormente dándolle forma cun cuter. A partir de aquí, comezou a laboura das crianzas, que consistiu en cravar as flores no porexpan baixo as nosas indicacións.

A maiores, cando estivo rematado o noso maio, fixemos un corro o seu redor e cantamos unha pequena estrofa dunha cantiga:

“Aí ven o maio

de flores cuberto

puxéronse á porta

cantándome os nenos”.
A verdade é que quedamos sorprendidos do ben que nos quedou. Aquí tedes unha mostra do traballo realizado, a ver que opinades:

Facemos a base do maio e eleximos as flores:

forresgan.JPG collendo flores.JPG

Atarefados na súa elaboración:

facendo maio.JPG facendo maio2.JPG

Por fín o noso maio está rematado, e todos/as o festexamos:

galescola.JPG cantando maio.JPG

O DIA DA NAI

Escrito por Equipo educativo de Pantón, o 16 de Maio do 2008 ás 16:37

Co motivo da celebración do día da nai, pensamos en ser un pouco creativos, polo que decidimos por unanimidade, que os nenos e nenas elaboraran un chaveiro para as chaves do coche e un ramo de flores que non perecen.

A través destes agasallos intentamos expresar a importancia que teñen a figura dos pais e nais a estas idades, xa que é fundamental para un bo desenrolo emocional. Nin que decir ten, que dende a galescola valoramos e respetamos moito o seu papel.

A continuación presentámosvos as fotos onde podedes observar o gran traballo que as vosas crianzas realizaron.

Amasando a pasta branca e dándolle forma:

chaveiros.JPG forma chaveiro.JPG

Pintando o chaveiro con pintura de dedos e as flores con ceras:

diego pintando.JPG pintar flores.JPG

O remate final e a gran recompensa: A súa entrega

ramo.JPG

nai de sonia.JPG