Ola a todos e todas !!
Escrito por katy_boiro, o 17 de Abril do 2008 ás 16:44
Ola a todos e todas, chámome Katy e traballo na Galescola de Boiro. Son educadora, xunto coa miña compi Catuxa, dos nenos de 1 a 2 anos máis concretamente das vaquiñas.
Vivo en boiro e gústame facer deporte e sobre todo viaxar, coñecer sitios novos e pasear ó aire libre… Se sabedes dalgún sitio tranquilo para pasear e ver muíños de auga, piscinas naturais, mosteiros… ou algo relacionado coa natureza gustaríame que mo fixerades saber. O último contacto que tiven coa natureza foi en semana santa, fun ver uns muíños de auga que están ó pasar Caldas de Reis, é un sitio precioso…
Gústame tamén facer postres, se sabedes facer algún pastel, tarta ou algo especial mandádeme receitas…
Polo de agora non sei que máis contarvos porque a verdade son un pouco torpe para redactar e estou un pouco perdida. Ata a próxima.