Ola que tal, benvidos a nosa galescola, grazas por interesarvos polo noso blog, esperemos que a partir de agora o fagades moitas veces máis, e que nel descubrades un anaquiño de nós, como somos e algunha das cousas que facemos.
UN AGASALLO PARA PAPÁ.
Chegou o día do pai e todos chegamos ao acordo de que como foran tan bos con nós, o menos que podiamos facer no seu día, era preparar un agasallo feito coas nosas propias manciñas.
Decidimos entón facer un cadro adicado especialmente para el, coa nosa particular firma e cun poema que nos gustou moito para falarlles do noso cariño, tenrura e agradecemento.
O material que precisamos para facer o cadro forón macarróns, pintura de diferentes cores, cartóns, tesoiras, pegamento e cartolinas.

Primeiro pintamos os macarróns de diferentes cores.

Despois cortamos os cartóns e cubrimos a superficie que nos quedaba con pegamento.

A continuación pegamos os macarróns para adornar os nosos marcos.

Despois firmamos coas nosas mans na cartolina que vai estar dentro do marco.

Cando xa están a pintura e o pegamento secos, escribimos o poema.
Da túa man
vou aprender,
o que nun futuro
vou ser.

Para rematar xa, so nos quedaba envolvelo ben.
Gústavos verdade?, seguro que aos nosos papis tamén.
Paz para tódolos recunchiños do mundo.
Que fermoso sería que sempre e en tódolos lugares deste mundo houbese paz, que todos nos levaramos ben, que nos axudaramos uns aos outros, que compartiramos as nosas cousiñas, que poidesemos falar con entendemento sen discutir nin berrar, sen descalificarnos, co ben que senta, ¿porqué non nos daremos máis bicos, máis abrazos, máis mimiños?, ummmm!!!! que ricos están os mimiños!!, máis ricos co mellor pastel do mundo.

Por suposto todos quixemos colaborar para celebrar este día tan especial. Os máis pequeniños pintaron coas mans brancas unha pomba que como todos sabedes simboliza a paz.



Os máis maiores fixemos outra que debuxamos coa forma das nosas propias manciñas, despois pintámola e por último para darlle un pouquiño de vida atámola cun cordeliño a unha palliña, así deste xeito se moviámola palliña movíase a nosa pomba, e era coma se de verdade estibese voando.


Xa é tempo de Nadal.
Que ben xa estamos en Nadal!, as luces de cores, os adornos, as panxoliñas, os turróns, a festa, os agasallos…….., os agasallos, si, sobretodo os agasallos!. O caso é que non sei porqué será, pero o certo e que se respira algo máxico nestas datas que fan delas algo especial, un tempo diferente ao do resto do ano.
Pintamos o noso piñeiro.
Comezamos por debuxar o piñeiro para logo pintalo con témpera e con pincel.

Dende logo parecemos verdadeiros artistas, mirade que ben nos está a quedar. Si si, realmente dámoslle moito xeitiño.
Agora que xa temos o piñeiro preparado, teremos que porlle algún adorno para que quede máis bonito, xa sabedes, ese tipo de cousas como boliñas de cores, cintas, a estreliña

Cos dediños tampouco se nos da mal, verdade?

E este é o resultado, unha verdadeira obra de arte non credes?
A nosa árbore de Nadal.
Agora que xa temos unha árbore de papel, que vos parece se facemos maxia e a transformamos nunha de verdade.
Prantamos a árbore nun testo e comezamos por colocar cada un unha boliña.


Que guapo te imos deixar!

Xa están todas !

Esperade, ainda lle faltaban as cintas e por suposto as luces de cores. Así xa parece outra cousa.


E en que Nadal falta o Belén?, pois nós non podiamos ser menos, e este é o resultado, e todos traballamos arreo, esperemos que vos guste.



E estes son os demais adornos que decoran a nosa galescola nestas datas, todos eles elaborados con material de refugallo.



Imos facer música.
E que é un Nadal sen música? Pois aquí estamos nós, por suposto, que como somos moi apañadiños todo se nos da ben.
Primeiro aprendemos unha panxoliña
Despois facemos unhas maracas cos botes dos iogures bebibles (que tan bos están por certo), adornámolas con gomets de cores e logo enchémolas con arroz.

Sonanche realmente ben, para que vexades que botandolle un pouco de imaxinación faise música coa cousiña máis impensable.
Tiñades que escoitarnos, pareciamos un coro realmente profesional, sen desafinar nin un chisquiño.

Felicidades familia.
Como é un tempo en que se fan moitos agasallos, tamén queriamos aportar o noso particular gran de area, así que, decidimos facer a nosa propia postal con moito moito agarimo, para regalarlle ás nosas familias.




Canto traballamos!
Para que os nosos papis e mamis vexan canto traballamos e, asegúrovos que traballamos moito,moitísimo!!, levamos para casa todo o que fixemos ao longo deste tempo.


Que ben nos quedaron!, e como aínda non sabemos escribir firmámolos coas nosas propias manciñas.
Chegou pai Noel!!!
Era venres pola mañá e hoxe ía ser un día especial, a que non adiviñades por que?. Hoxe ía vir pai Noel!. Todos estabamos moi nerviosos agardandando a que dun instante a outro aparcase o seu trineo, e entrase pola porta cun saco ben cheo de regaliños. Estabamos ben seguros de que ninguén quedaría sen nada, pois escribirámoslle unha carta explicándolles detalladamente que foramos uns nenos/as moi moi bos.

E para que non se diga que non somos agradecidos, nós tamén lle imos dar un detalliño a pai Noel, un debuxiño que fixemos con moito cariño especialmente para el.
Escoitade, creo que sonou o timbre, siiiii sonou o timbre!!!, é el!!!, xa está aquí, meu deus que nervios!!!!!!
Abrídelle a porta, vamos!!!

Alaaaaa!!, que saco máis cheo trai!!, mirade canto debe pesar!!, seguriño que ben cargado cos noso regalos, que emoción, non podemos esperar máis!!.

Que bo é pai Noel, non se esqueceu de ninguén, e que cousas tan chulis nos trouxo.Ímosche dar un besazo cada un, gracias pai Noel!!


DENDE A GALESCOLA DE COVELO DESEXÁMOSVOS UNHAS MOI FELICES FESTAS!!!

Festexamos o Samaín.
Como todos sabedes o Samaín ben dende hai moito tempo atrás, é unha festa cunha desas historias que parecen de auténtico conto. Para topalas súas orixes temos que nos remontar aos nosos antergos os celtas, que con esta celebración dábanlle a benvida a un ano novo, o sea que era como a nosa moderna festa de fin de ano. Nesta noite de auténtica maxia, viñan os defuntiños do outro mundo a visitar aos seus familiares vivos e estes, para alumearlles o camiño de regreso acendíanlles veliñas que os guiaban durante a súa visita.
Quero ver unha cabaza.
Eran as dez da mañá e cando entramos na aula algo diferente formaba parte dela, ¡ala mirade, pero que é iso que esta enriba da mesa!.

Alaaaaa¡, vaia cabaza.
Que careta máis chula!
Coas nosas propias mans imos deseñar unha careta igualiña á cabaza que temos enriba da mesa. E despois, con ela posta, imos asustar aos nosos papis.

Ben non é igualiña, pero casi.

Uuuhhh, que susto vos imos dar! A que quedou chuli.

Facemos a nosa cabaza do samaín.
Agora que xa sabemos o que é unha cabaza imos traballar con ela, e entre todos pouco a pouco iremos dándolle forma.

Moi ben así se fai, vainos quedar un cabaza terroriiiiiiiiiifica!

Xa chegou o magosto.
Como todos sabedes coa festividade do San Martiño, chegan os magostos e todos desfrutamos do doce sabor dunhas castañas ben asadiñas, ummmmm que ricas!
A festa de hoxe será moi especial, pois os nosos papás e mamás van compartir con nos este día.
A CASTAÑA QUE ESTOUPOU COA RISA.
Para comezar a celebración imos ter como invitados a dous actores recoñecidos e moi solicitados nestes días, A CASTAÑA E A BRASA!, Vaia luxo non credes?, si un auténtico luxo!

Estes dous actores tan famosos van a representar un conto para nós, imaxinades o nome? si, iso é, o conto da Castaña que estoupou coa risa.

-Moi interesante, non cres Marcos?
-Si, moi interesante Ary, esta castaña e esta brasa son realmente moi bos actores.
Que Castaña!
Xa que viñeron os nosos papás e mamás, que vos parece se tamén os poñemos a colaborar?, botarannos unha man para facer esta castaña xigante.
-Mira mami, faise así, collemos o algodón e facemos boliñas e despois pegámolas no papel enchendo toda a superficie da castaña.

- Asi, estupendo, creo que xa lle colleches o truquiño.

- Mira que ben se apañan os papás e as mamás, así da gusto traballar.
Que boas están as castañas.
- Ben, despois de traballar serán horas de comer, ummm que fame temos!!, que boa pinta teñen estas castañas asadas!!.

Unha das mamás tróuxonos un biscoito que estaba para chupar os dedos!!.

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA
Hoxe é un día moi especial para nós, pois falamos do guai que é ser un neno/a, das cousas que nos gustan facer e da sorte que temos por contar cunha familia tan boa que nos coida, nos quere e nos da todo o que precisamos, xa que hai nenos/as coma nós que por desgraza non son tan afortunados.
Somos nenos/as do mundo.
Facemos un mural en papel continuo no que aparecen a bola do mundo, a terra onde vivimos, e imos enchendo cada continente cun material diferente, boliñas de algodón, anaquiños de papel de distintas cores, anaquiños de cartón….., tamén debuxamos diferentes nenos/as que representan as razas e coloreamos con pintura de dedos.

Xa para rematar firmamos o noso traballo estampando as nosas manciñas no papel tamén con pintura de dedos, unhas mans que simbolizan as de todos os nenos/as do mundo que coma nós teñen dereito a ser felices.