FESTA FIN DE CURSO
Escrito por Equipo Educativo, o 16 de Xullo do 2008 ás 14:55Ola! Bos días, amigas e amigos!
Por fin comezamos as anotacións no blog. Deste xeito pretendemos que coñezades o centro e o noso traballo.
O 27 de xuño celebramos no xardín da escola a festa de fin de curso. Tivemos como invitados pais, irmáns e outros familiares dos nosos meniños. Empezamos coa actuación dos contacontos Pablo e Ana e ó longo da xornada as familias tamén participaron facendo distintas actividades:
*Pintura de caras e peiteado de trenciñas.
*Actuacións con instrumentos musicais: guitarra e bombos.
*Xogos de corro.
*Contacontos.
*Cancións.
Pasámolo moi ben, tanto pequenos como maiores!
O xantar foi como unha romaría, comimos todos xuntos ó frescor da herba e á sombra das nosas árbores.