Escrito por nati_portas, o 27 de Maio do 2008 ás 00:26
Para comenzar a traballar a primavera, despois de comentar cas crianzas os cambios que se producen co cambio de estación, comenzamos a ambientar a aula con flores, bolboretas…



Para que os nenos/as comecen a entender a importancia e coidado e respeto as prantas fixemos un “CESPIN” para cada un, ó que teñen que coidar para que lle vaia medrando o “pelo”.
ELABORACIÓN DO CESPIN:
- Pedimos a colaboración das familias para que nos trouxeran un calcetín e unha bandexa de plástico.
- Con cada neno fomos enchendo o seu calcetín con terra, e Pati máis eu atámolos e puxémoslle ollos e boca, xa parecen vermes.

-Fomos mollando os vermes cheos de terra.

-Púxeronlle as sementes no lombo e na cabeza, para que medre o pelo.

-Cada día hai que regalos para que medren.E non se poden romper senón non medran.

VEDES COMO MEDRAN, ISO E PORQUE OS COIDAMOS MOITO.


-Cando xa lle medrou un pouco o pelo leváronnos para a casa e a seguir coidando o cespin con toda a familia.
Publicado en As miñas anotacións | 2 Comentarios »
Escrito por nati_portas, o 11 de Abril do 2008 ás 17:08
Mesturar cores foi unha das actividades que realizamos coas crianzas no mes pasado.
Primeiro colocamos unha cartulina na parede e en varios pratos botamos pintura de diferentes cores e…………….. a mesturar!!!

Alguns entraron de cheo e, sen ningun problema, poñíanse a revolver e a estampar. Outros mostrábanse un pouco mais reticentes….. ollade a Sofía e mirade as dúbidas que se lle plantexan……..

A experiencia foi fabulosa. Eu penso que era a primeira vez que podían pintar “na parede” e non tiñan a ninguén que lles dixera: “Ahí non, eso non se fai”

Aquí esta a nosa obra. Así rematamos todos
Publicado en As miñas anotacións | 1 Comentario »
Escrito por nati_portas, o 3 de Abril do 2008 ás 09:12
Antes de empezar coas as actividades que estamos a realizar na primavera, quería ensinarvos algunha das que fixemos no inverno como o noso boneco de neve. Primeiro debuxámolo e eles lle pegaron anaquiños de algodón.
Troceamos papel de seda de color vermello, e pegámosllo no gorro, e de diferentes cores para a bufanda.


E por último pegamos plastilina na boca ollos e nariz aquí rematámolo Pati máis eu.
Publicado en As miñas anotacións | 1 Comentario »
Escrito por nati_portas, o 6 de Marzo do 2008 ás 11:05
Para comenzar a traballar o entroido decimos pintar un antifaz, con pintura de dedos de diversas cores, logo recortámolas e puxemos unha palliña para agarrala e listas para probar como nos quedan. Tamén pintámos unha careta dun porquiño, puxémolas e a facer de porquiños.


O resto dos días fómos ambientándo o aula con globos, serpentinas… e pintándonos un día de gatos, outro de piratas….

Ata que chegou o día esperado por todos o martes de entroido, o día da nosa festa. Cada neno veu disfrazado, cando xa estábamos todos, empezamos a disfrazarnos as profes, para que foran vendo o cambio e non se asustaran.

Xuntámonos todas as aulas na aula patio, e as profes fixémos unha actuación de paiasos para os nenos.

Empezaron a chegar papás e mamás algún deles disfrazados e trouxéronnos doces típicos destas datas.

Profes e nenos cantamos unha canción para os papás e mamás e disfrutamos moito da festa. Pasámolo moi ben.
Podedes ver máis fotos no blog da galescola.
Publicado en As miñas anotacións | Non hai comentarios »
Escrito por nati_portas, o 28 de Febreiro do 2008 ás 09:41
Os nenos da aula de 1-2 tamen quixemos celebrar este día, para comenzar intentamos explicar de forma moi sinxela e a través do xogo que hai que compartir, axudarse uns os outros…
Logo pintamos unha pomba da paz, na primeira foto vedes a Hugo S, Xabi e Sebas mans a obra e na segunda esta Pati(a miña parella educativa) pintándolle a man a Raquel e tamén está Sebas e Hugo A.
O final do día cada un levou a súa para a casa para recordarlle as mamás e papás este día.
Publicado en As miñas anotacións | 1 Comentario »
Escrito por nati_portas, o 8 de Febreiro do 2008 ás 18:44
En decembro na aula de 1-2 fixemos moitas actividades, entre elas unha árbore: primeiro pintaron de verde coas mans, logo o tronco cun dediño só e por último pegamos anaquiños de plastilina. Aqui vedes o proceso.

E o final asi nos quedou.
Cada un fixo a súa árbore coas mans pintadas de verde, con bolas de plastilina e por último botámoslle purpurina.
Tamén fixemos para os pais as tarxetas de Papá Noel que se ven apoiadas na fiestra, desexándolle BO NADAL.
E entre adornos e panxoliñas escribímoslle a carta os Reis Magos, axudados das esponxas e a pintura de dedos.
Publicado en As miñas anotacións | 1 Comentario »
Escrito por nati_portas, o 21 de Xaneiro do 2008 ás 08:48
Esta é a nosa aula.
Publicado en As miñas anotacións | Non hai comentarios »
Escrito por nati_portas, o 21 de Xaneiro do 2008 ás 08:37
Ola a todos/as!
Vou intentar a crear o meu blog para comenzar voume presentar chamome Nati traballo como educadora na galescola de Portas, son titora da aula 1-2 coa miña parella educativa Pati e contamos con 13 nenos/as.
Publicado en As miñas anotacións | 1 Comentario »
Escrito por nati_portas, o 3 de Decembro do 2007 ás 18:27
Esta é a miña primeira entrada no meu blog.
Podedes saber mais sobre min premendo na ligazón ‘Sobre min’ á dereita
Publicado en As miñas anotacións | 1 Comentario »