NON SÓ SE PODE PINTAR COAS MANS, COS PÉS TAMÉN!

Escrito por rocio_portas, o 18 de Abril do 2008 ás 01:31

Un dos aspectos máis importantes na etapa de educación infantil, no primeiro ciclo, é a estimulación dos cativos. Esta actividade permítenos extender as posibilidades do seu corpo, tamén podemos utilizar os pés para pintar! Os nenos e nenas deben experimentar con diferentes materiais e tamén coas diferentes partes do corpo.

              P2260018.JPG

Ademais deste obxectivo, tamén traballamos a asignación de tarefas de limpeza ao rematar a actividade (lavar pinceis e brochas, recoller o lixo, axudarse a lavar os pés ou a secalos…) e traballamos ao mesmo tempo a cor azul.

                P2260075.JPG

Con esta actividade fomentamos tres tipos de expresión: a plástica,a oral e a corporal. Na nosa aula, debido ás características dos nenos e nenas que a compoñen, damos moitísima importancia ao traballo destas tres expresións.

E o máis importante é que “aprendemos xogando e divertíndonos”.

TÉCNICAS ARTÍSTICAS

Escrito por rocio_portas, o 22 de Febreiro do 2008 ás 00:28

Na aula da que son titora a todo o mundo lle gusta “traballar”, aos nenos e nenas encántalles facer actividades, sobre todo se implican ensuciarse as mans ou utilizar a pintura líquida.

Ás profes tamén nos gusta moito o que facemos, por iso sempre buscamos actividades nas que, primeiro nos divirtamos e segundo consigamos os nosos obxectivos.

A seguinte actividade tivo, sen dúbida, un enorme éxito.

Consistía en encher bolsas de plástico con pintura e facerlles un diminuto buraco (aproveitamos que estabamos coa cor vermella e usamos a pintura desta cor).

P1180148.JPG

Ao apertar a bolsa a pintura saía…que divertido!! Forramos unha mesa con papel e comezamos a facer a nosa “obra de arte”. Pasámolo moi moi ben, rimos e a verdade eque nos quedou bonita. Non credes?

P1180150.JPG     P1180155.JPG

Nenos e nenas, grazas polos vosos sorrisos cada día!

FESTEXAMOS O ENTROIDO

Escrito por rocio_portas, o 19 de Febreiro do 2008 ás 23:58

Disfraces, máscaras, antefaces…presentamos aos nenos/as este centro de interés dunha forma sinxela: chego unha mañá á galescola con varias revistas de disfraces. Os cativos comezan a ollalas abraiados.

Pregúntolles cal lle gusta a cada un para disfrazarse e ademais porqué. Uns queren ser médicos, outros pallasos, outros piratas….pero temos que poñernos de acordo. De que nos imos disfrazar os nenos/as e as mestras da aula 2-3 anos? De indios!!

E como son os indios?

As mestras buscan en internet fotos de indios e os nenos/as buscan nas revistas disfraces para ver como imos ir.

-Os indios levan unha pluma na cabeza e raias de cores pintadas na cara- dinme os nenos/as.

Pois mans á obra, pintamos unhas cintas para o pelo cunha pluma, as caras e…aquí chega a tribo india!

P2010213.JPG P2010242.JPG

E como fan os indios? Isto é divertidísimo!

P2010219.JPG P2010220.JPG

P2010224.JPG

O martes de entroido fixemos unha gran festa coas mestras, os nenos e nenas e os pais, nais e familiares que quixeran vir (mágoa que eu non puiden asistir). Polo que me contaron foi unha xuntanza moi moi agradable, as mestras fixeron unha pequena actuación para os cativos e logo houbo degustación de pratos típicos do entroido, que trouxeron os papis, e parrafadas.

DSCN1746.JPG    DSCN1745.JPG

Os papis tamén viñeron disfrazados.

DSCN1780.JPG   DSCN1765.JPG

DSCN1769.JPG

Grazas pola vosa colaboración.

DÍA DA PAZ (30 DE XANEIRO)

Escrito por rocio_portas, o 19 de Febreiro do 2008 ás 21:02

Os nenos e nenas da aula de 2-3 da Galescola de Portas tamén celebraron o Día da Paz e da Non Violencia, o pasado 30 de xaneiro.
O día anterior e o propio día estivemos realizando “xogos cooperativos” na aula. Este tipo de xogos fomentan a colaboración entre os nenos e nenas, que deben cooperar entre eles para levar a cabo o xogo. Pretenden que todos e todas teñan a posibilidade de participar, sen discriminacións e que todo o grupo funcione como un conxunto.

Un exemplo e o que máis éxito tivo foi “Que non caia o globo!”, que consistía en que entre tódolos nenos e nenas da aula (incluída eu) golpearamos o globo para que non tocara o chan. Aquí vese claramente o obxectivo do xogo, cooperar para conseguir que o xogo se leve a cabo. E misión cumprida!

Ademais, os poucos nenos e nenas que había ese día (debido ao virus de estómago que non nos deixa tranquilos) quixeron realizar un mural para que os pais e nais o viran. Pasámolo moi ben e a verdade quedounos bonito.

P1300190.JPG

Menudos artistas!

AS MESTRAS LEVÁRONNOS A…

Escrito por rocio_portas, o 30 de Decembro do 2007 ás 03:35

 

SORPRESA! As mestras planificamos unha saída cultural e debido ás fechas nas que nos atopamos decidimos ir visitar o “Belén artesanal en movemento”, que se expón no Concello de Valga.

Datos técnicos:

  • Extensión: 200 metros cadrados
  • Figuras: 1.200
  • Figuras con movemento: 315
  • Motores para mover as figuras: 127   
  • Bombas de auga: 5
  • Luces: 8.000 bombillas
  • Cableado: 30.000 metros

                                           

DSCN1574.JPG

Pero o máis fermoso é estar alí e velo, impresionante!

Comezamos a saída dende o principio…

Despois de haberlles mandado unha carta aos pais e nais pedindo permiso para ir, chegou o gran día. As mestras estabamos nerviosas e os nenos e nenas entusiasmados, sobre todo porque iamos ir en autobús (era do único que falaron na semana anterior á saída). Acompañáronnos ademais dúas mamás e o irmán dun dos nenos, que polo que me dixeron o pasaron moi ben e ademais foron dunha enorme axuda.

DSCN15991.JPG

                        ¡Moitas grazas a Gabriel, Ana e Irene!

A pequena viaxe en autobús foi estupenda, os nenos e nenas ían encantados e as mestras e axudantes tamén, ademais todos eles se portaron xenial. 

DSCN1611.JPG            DSCN1607.JPG        

                                        A VIAXE

              DSCN1605.JPG                DSCN1610.JPG

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ao chegar entramos a ver o Belén, os nenos e nenas quedaron coa boca aberta, aquilo era “enorme”. A primeira figura que viron nada máis entrar aínda non se lle olvidou hoxe a ningún, foi esta:

 PC190126.JPG

O médico “poñendo unha pincha a un home que estaba enfermo”.

Alí había milleiros de figuras, e as que máis atraían aos nenos e nenas eran as que tiñan movemento, daba gusto verlles a cara de ilusión e escoitalos dicindo “mira profe, aquela muller está facendo unha empanada!”

DSCN1543.JPG

 

DSCN1565.JPG

Podería amosarvos centos de fotos porque a verdade paga a pena velo.

DSCN1601.JPG

                                Unha de grupo, estes somos nós!

Premede neste enlace da páxina web do “Belén de Valga”, seguro que despois non poderedes negarvos o ir visitalo. Dende aquí animámosvos!!

                           http://belendevalga.org/

Enderezo:                                               HORARIO:

Rúa Nova, s/n                                        Luns a venres: 17:30 a 20:30

Campaña -Concello de Valga                  Sábados: 17:00 a 21:00

(Pontevedra)                                          Domingos e festivos:

                                                               12:00 a 14:00 / 17:00 a 20:30

 

 

Aberto do 2 de decembro de 2007 ata o 13 de xaneiro de

2008  (resto do ano previa concertación chamando ao 986.55.94.56-630.95.25.15)

ESTAMOS NO OUTONO

Escrito por rocio_portas, o 30 de Decembro do 2007 ás 01:02

Comezamos a ver cousas distintas, en Portas vemos moitas follas polo chan, xa poñemos abrigos e bufandas para vir á esola, case non podemos saír a xogar ao patio de fóra… os nenos e nenas dánse de conta dos cambios. Chegou o outono!!

PA260604.JPG

Estivemos mirando as cores que hai agora no xardín: marrón, verde oscuro, amarelo…e fomos recoller unhas follas, landras e algún ourizo.

Xa na escola pintamos unhas follas parecidas ás que recollemos e puxémolas na árbore das estacións que temos na aula. Ademais fixemos uns ourizos que nos quedaron moi simpáticos, mirade! mirade!

 PB140058.JPG   PB140034.JPG

 E que nos dicides do espantallo?Foi unha actividade de grupo coa que o pasamos moi ben, fixémoslle unha fermosa roupa con anacos de periódico e revistas, o pelo con lá, unha pouca palla nos pés e nas máns e…listo! Puxémolo a coidar das mazorcas que tanto traballo nos deron, pegando gran a gran cada millo.

Algúns pais e nais colaboraron nunha das actividades, unha pequeniña exposición que puxemos na entrada da escola, con elementos típicos deste tempo (cabazas, piñas, millo, carozos, mazorcas, follas, landras, noces, castañas…)

      PB140062.JPG

Por certo, a mesa é “creación propia” dos alumnos e alumnas da aula.

TEÑO UN ANO MÁIS!!

Escrito por rocio_portas, o 29 de Decembro do 2007 ás 03:32

Na aula da que son titora xunto coa miña compañeira Ángeles (aula de 2-3 anos), celebramos os aniversarios os venres. Ese día facemos unha pequena festa na que os anfitrións son os nenos e nenas que cumpriron anos nesa semana.

Cada un trae da casa un pequeno biscoito, cantámoslle “cumpreanos feliz, cumpreanos feliz, desexámosche todos, cumpreanos feliz” e sopramos as dúas veliñas.

As mestras colócanlle unha coroa e… están guapísimos/as!

Nestes últimos meses cumpriron os dous aniños…

                 05102007(002).jpg       

                              PABLO E MARIÑA

                 28092007(001).jpg     

                                     DIMAS

               PA260580.JPG

                                      ALEX

              Dibujo.JPG

                                        MARÍA

              PB300007.JPG

                                        AROA

Moitas felicidades a todos/as!! E para o 2008 a seguir cumprindo…

Ola a todos e todas !!

Escrito por rocio_portas, o 1 de Decembro do 2007 ás 23:27

Benvidos/as ao meu blog, un espazo que me propoño que sexa “interesante” e que me axude a transmitir o entusiasmo que sinto pola miña profesión, para min a máis fermosa de todas.

Agradézovos as visitas que recibo, ao igual que agradezo os comentarios que me queirades deixar.

No apartado “Sobre min” poderedes coñecerme algo máis.

Este é o pimeiro día…pero haberá máis e mellores!!

Unha aperta